24 HORAS TEATRAIS

Publicado en por MARAÑAO TEATRO

10º aniversario da actividade. 24 HORAS DE CREACIÓN TEATRAL E ESCÉNICA.

Despois de nove edicións onde exitosas, cunha media de 200 asistentes relacionados co eido cultural Ourensán, temos a honra de celebrar a 10ª edición das 24 HORAS TEATRAIS DE CREACIÓN ESCÉNICA. Unha iniciativa na que as novas xeracións artísticas de Ourense presentan as súas creacións escénicas nun entorno de altruísmo artístico que denota o amplo abano de talento cultural que agocha a nosa cidade.

Durante 24 horas, os novos artistas emerxentes Ourensáns presentarán as súas pezas diante dun público, nun espectáculo multidisciplinar que fomentará o intercambio cultural entre xeracións artísticas diversas que conviven na nosa cidade.
Dramaturgos e dramaturgas, actores e actrices, directoras e directores, cantantes, compositores, afeccionados á maxia, bailaríns, etc. convivirán durante un día completo para compartir inquedanzas, coñecementos culturais, textos, escrituras, ensaios e representación de pezas de calquera índole artística coa intención de fomentar un intercambio cultural interxeracional entre profesionais e afeccionados das artes escénicas. 
MAXIA, CINE, MÚSICA, DANZA, POESÍA… E SOBRE TODO MOITO TEATRO!
O VENRES 23 de Marzo, de 22:00h no salón de actos no Espazo Xove de Ourense.
APERTURA DE PORTAS: 21:30 h (ENTRADA DE BALDE)

24 HORAS TEATRAIS
Para estar informado de los últimos artículos, suscríbase: