MARAÑAO TEATRO ESTREA "ÓPERA PÁNICA "

Publicado en por maranao

op.pani

 

O día 27 de Maio, as 20:30 horas, Marañao Teatro estrea no Teatro Principal de Ourense a obra "ÓPERA PÁNICA (cabaret tráxico)", adaptación da obra de Alejandro Jodorowski dirixida por Fernando González, na que relizaremos un voo surrealista para, dunha forma moi corda, facer un percorrido pola loucura. ou dunha forma moi louca facer un percorrido pola cordura... vos decidiredes. Estades todos invitados para disfrutar de esta marvillosa obra e descobrir, ao mesmo tempo que nós, o divertido que é estar louco.

SINOPSE
A crítica á razón pura. Un himno ao talento tolo. A ambivalencia do real, a profunda ambigüidade da aparencia. A confusión e o azar no destino de homes e mulleres en vilo pola obsesión e a xenialidade. Todo un rexeitamento á seriedade e unha aposta clara e sinxela pola arte de vivir. Todo e nada nun coctel de trangalladas razoables. A loucura dos cordos ou a cordura dos tolos... Unha ópera transformada en cabaré... un drama transformado en comedia... a vida transformada en ficción

Para estar informado de los últimos artículos, suscríbase:
Comentar este post