COMEZA O OBRADOIRO DE TEATRO

Publicado en por MARAÑAO TEATRO

TEATRO

Como todos os anos pomos en marcha un novo obradoiro. Este obradoiro pretende ser un espazo para a formación, desenvolvemento, entrenamento e entretemento de todos aqueles que desexen adentrase no máxico mundo do teatro.

O obradoiro será impartido por Fernando González, licenciado en interpretación textual na escola superior de arte dramática de Galicia (ESAD).

Serán 4 horas semanais (2 horas os martes e 2 horas os venres) e terá un custo de 20 € mensuais. Está aberto a todo aquel que o desexe ata un límite de 15-20 prazas.

A continuación presentámosvos un resumo do curriculum do magnífico actor que estará a cargo do obradoiro:

 

Fernando González é licenciado en interpretación textual na escola superior de arte dramática de Galicia (ESAD). Realizou cursos de comedia dell arte e interpretación con Tito Asorey, de clown con Mónica sueiro, de Voz e memoria dos sentidos (stanivslasky) con Sarabela Teatro, de expresión corporal con Esther Movilla, de interpretación e expresión textual na escola de artes escénicas TALÍA e de mimo e pantomima con Julio castronuovo.

Foi actor nos espectáculos: “La gran máquina teatral”, “Momo”, “Limpando as rúas”, “Clownsinos”, “Romeo e xulieta”, “O soño dunha noite de verán”, “En alta mar” por Teatro do grilo dirixidas por Mónica Sueiro, “Non”, “Cemiterio de automoveis” e “A Doma da besta” por Marañao teatro. En “Entre ambos ríos” e “Macbeth” por Talía teatro. En “Romeo e Xulieta”, “Glass city”  “Historias peregrinas” e "Piratas" por Teatro do Noroeste. En “Onde foron os xoguetes” e “Camiño da fama” por Teatro Mutante. Foi actor nas curtametraxes: “”Pulgas”, “Surfer”, “Braille” e “Carrapuchiña vermella”. Participuo na película “Los girasoles ciegos” de J.L. Cuerda e na serie de ficción “Carleisom” como actor e cantante. É director dos espectáculos “Coma e punto” e “Ópera pánica (cabaret tráxico)” por Marañao teatro. É vocalista e compositor do grupo pop/rock “PRISCILA” de Ourense.

 

Animámosvos a todos a participar

Para estar informado de los últimos artículos, suscríbase:
Comentar este post