CURSOS ANTICRISIS

Publicado en por MARAÑAO TEATRO

Sin título-1

 

A Asociación cultural Marañao organiza dende o 11 de Febreiro ata o 25 de Marzo unha serie de cursos de iniciación pensados para os tempos nos que nos está tocando loitar. Os cursos realizaránse nos fins de semana de Febreiro e Marzo e teñen unha duración de 8 a 12 horas (Dependendo do curso) e o seu precio anticrisis vai dende os 10 € ata os 30€ (Dependendo tamén do curso que se desexe).

A relación de cursos e datas é a seguinte:

 

MASAXE (15 €):

 11-12 DE FEBREIRO de 11:00 a 13:OO  e de 16:00 a 18:00

Aberto a todalas idades e cun mínimo de 4 prazas e un máximo de 15

 

XOGOS TEATRAIS, MANUALIDADES, DISFRACES, SORPRESAS (10 € UN DÍA, 30 € CATRO DÍAS):

18-19-20-21 DE FEBREIRO DE 11:00 a 13:00

Aberto a rapaces de ata 12 anos e pensado especialmente para desfrutar do entroido

 

FOTOGRAFÍA (30 €):

25 DE FEBREIRO de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 E 26 DE FEBREIRO de 10:00 a 13:00

Aberto a todalas idades cun mínimo de 4 prazas e un máximo de 12

 

INICIACIÓN Á CREACIÓN POÉTICA (10 €):

3 DE MARZO de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 e 4 DE MARZO de 10:00 a 14:00

Aberto a todalas idades cun mínimo de 6 prazas e cun máximo de 20

 

ACTUACIÓN, ESPAZO ESCÉNICO E VOZ (20€):

10-11 DE MARZO de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00

Aberto a maiores de 16 anos cun mínimo de 5 prazas e un máximo de 12

 

DEBUXO (15 €):

17-18 DE MARZO de 10:00 a 13:00 e de 17:00 a 19:00

Aberto a maiores de 12 anos e cun máximo de 20 persoas

 

INICIACIÓN Ó XOGO DE ROL (10 €):

24-25 DE MARZO de 17:00 a 21:00

Aberto a maiores de 14 anos e cun mínimo de 4 prazas e un máximo de 15

 

Se estas interesado/a podes poñerte en contacto coa Asociación cultural Marañao no teléfono 678180173 ou escribindo a asociacion.maranao@gmail.com

Para estar informado de los últimos artículos, suscríbase:
Comentar este post